We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Sons para un tempo novo

by Bloque Nacionalista Galego

supported by
/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €7 EUR

     

1.
2.
3.
A historia marca momento As rúas o movemento Escoita o noso latexo / Alailalá ailalelo Soñar para avanzar. Non parar de turrar para chegar. Só sabemos currar, perseverar. Que nos mallen. Volveremos levantar. E non sei se volvería nacer cando vexo a inxustiza unha e outra vez. Cando o xuíz vai da man do poder mellor o micro que un estrado para nos defender. Ollar o mar desde a nosa Fisterra. O recuncho máis distante da terra. Galiza periferia da periferia Este é o eixo. Esta é a esencia Combatendo ao alcalde acomodado. Ese que ten o pobo amedrentado. A súa derrota... a nosa meta! María Castaña é a referencia! E que soe a nosa voz. Que se oia esta razón As arelas desta terra laten nun só corazón. É momento de sumar, de facernos escoitar. Por fin sentirnos libres e respirar A historia marca momento As rúas o movemento Escoita o noso latexo / Alailalá ailalelo Arde a chama da nosa historia. Terma dela e da memoria. Somos xente que vive e soña na terra coas nosas forzas! Quen di que non podo chegar. E quen o di para saber de que vai. Abonda de marchar. Eu xa non miro atrás. Imos adiante. Imos loitar!! E que soe a nosa voz. Que se oia esta razón As arelas desta terra laten nun só corazón. É momento de sumar, de facernos escoitar. Por fin sentirnos libres e respirar A historia marca momento As rúas o movemento Escoita o noso latexo / Alailalá ailalelo Vixiade a vosa gorxa, que non vos quiten a voz, Pois é propia, lonxe da inopia da rutina, abellas fortes na colmea cean velutinas, Non creas nesa vida fea sen alternativa, Aquí non hai movida pero si movemento, Que a forza da palabra abra algún parlamento, e non minas a ceo aberto nin plantas de residuos, odian ó individuo sulfatando aluminio, E ca moda do mando que doma ó humano moderno e relega á natura ó inferno da dúbida! Lebres torturan tartarugas, fanlles crer que correr é parte da súa cultura. Dia tras día sen un sinal que nos conecte. Morrendo. Deixándonos levar pola corrente. Remando cara o ren nunha secuencia incoherente. Esperando por un tren que nunca ven indiferentes. Arríncalle o poder a ese cabrón. Ensina os dentes Temos que coidar da terra e da nosa xente. Coa súa lei do solo Indefensa ela sigue quente A favor dun lobby do monte chamado Ence. O Ibex 35 fai reféns e sempre vence. Utilizan o medo como instrumento que convence. O mesmo co que atracan ó probe por ap9 Así que móvete! Rompe terrorismos de estados con este adobe Resoltos para vencer Este chan imos erguer A túa loita, a nosa loita é contra o seu poder/ Galiza ponte en pé!! E que soe a nosa voz. Que se oia esta razón As arelas desta terra laten nun só corazón. É momento de sumar, de facernos escoitar. Por fin sentirnos libres e respirar.
4.
5.
6.
7.
8.
9.
10.

about

SONS PARA UN TEMPO NOVO

Dicímolo sempre e a quen queira escoitalo. Non queremos evadirnos da realidade, queremos invadila. Transformala. Mellorala colectivamente. Desde o latexo común que nos une: conseguir unha vida digna para tod@s nunha Galiza con libre decisión.

Somos un país vivo, moderno, aberto, integrador e diverso. Estamos sobrad@s de orgullo e de confianza no que somos. A potencia da nosa identidade é tan evidente que non temos medo a transgredila, actualizala, xogar con ela para amosar a súa forza. Rachando tópicos e debuxando unha Galiza diferente. Plural, diversa, a construír con todas e con todos. Porque na Galiza que queremos entran todas as
Galizas, todas as persoas, todos os dereitos.

Estas catro cancións que hoxe ofrecemos para a súa descarga conxunta corresponden ás últimas campañas electorais do BNG e son mostra dese país diferente que soñamos. Tamén son, é certo, un acto de fachenda e de rebeldía diante da abafante falta de estima polo propio e da ausencia de confianza nas propias forzas que percibimos moitas veces ao noso redor. Nós cremos xusto no contrario. Cremos, sabemos, que Galiza pode saír adiante. Galiza ten futuro, somos un país vivo e cheo de talento, e só precisamos ter voz propia para demostralo.

Velaquí pois estas músicas para un tempo novo. Músicas que son un acto máis desa “soberanía estética da nazón galega” que reclamaban hai cen anos para Galiza as Irmandades da Fala. Por elas andan Mohammed Ali, Robin Hood, ritmos electrónicos, pop, músicas de raíz, Caxade, Paino, Nao, Navia, Mini, Xavi Raiba, referencias cultas e populares, alegría, entusiasmo e emoción... E delas fixemos magníficos vídeos que tiveron milleiros de visitas nas redes e mostraron novamente a modernidade do nacionalismo galego. Porque nada máis moderno que ser de verdade.

Descargádeas, compartídeas, espalládeas. E sempre adiante!

credits

released September 21, 2016

1.-UN TEMPO NOVO

Producido por Marcos Paino

Voces: Xabier Castro e Návia Rivas

Gravado e mesturado en Estudio A Ponte por Tomás Ageitos e Marcos Paino

2.-O SOÑO NECESARIO PARA UN SOÑO

Producido por Nao

Voces: Jasper, Návia Rivas e Mini

Gravado e mesturado en Pousada Son por Iago Pico

3.-QUEN NOS REPRESENTA!

Producido por Marcos Paino

Voces: Caxade, Návia Rivas e Iria Carreira

Gravado e mesturado en Estudio A Ponte por Tomás Ageitos e Marcos Paino

4.-AGORA ENTRAMOS NÓS!

Producido por Marcos Paino

Voces: Caxade

Ventos: Manu Paino, Manu Espinho e Martinho Dominguez

Gravado e mesturado en Estudio A Ponte por Tomás Ageitos e Marcos Paino

license

Some rights reserved. Please refer to individual track pages for license info.

tags

about

Bloque Nacionalista Galego GA, Spain

contact / help

Contact Bloque Nacionalista Galego

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Bloque Nacionalista Galego, you may also like: